Nestes tempos, as distribuidoras alimenticias non son precisamente ben vistas por parte da sociedade, pois se lle considera as culpábeis da subida dos alimentos, multiplicando en ocasións o seu valor final respecto ó que se lle paga ó produtor. En Galiza, este aspecto vese reflectido sobre todo no sector lácteo, o cal, me atrevería a dicir que é o máis conflitivo no noso país dentro do sector primario, debido ó baixo prezo pagado ós gandeiros polas distribuidoras.
Pois ben, afirmo que o caso de Distribuciones Monteverde SL é un caso distinto, por varias razóns:
1. Os produtos a distribuír son produtos xa rematados, polo que non lle engade valor, aumentando escandalosamente o prezo para o consumidor final.
2. As empresas para as cales distribúe, son, polo xeral, de fóra de Galiza, polo que lles sería moito máis custoso facer unha distribución máis polo miúdo. Grazas a actuación da distribuidora, a empresa produtora só tería que ocuparse de levar os seus produtos a un só punto, a nave de almacenaxe que ten Distribuciones Monteverde, e esta será a encargada de repartir ó por menor.
3. Ó medrar a empresa, foi un gran creador de emprego para a parroquia onde se iniciou a actividade, neste caso Figueirido, no Concello de Vilaboa, que, inda que moi próxima á cidade de Pontevedra, é unha zona rural.
Tomando en conta estas consideracións, é correcto afirmar que, dentro dun bo funcionamento e dun respecto tanto ó produtor inicial, coma ó consumidor final, unha empresa distribuidora pode ser bo para unha economía rural.