jueves, 12 de mayo de 2011

Breve historia e os por qué das ubicacións da empresa
Un traballo a tempo parcial nos anos 80, repartindo queixos co seu propio vehículo entre tendas de Pontevedra e Vilaboa, como complemento económico a outra actividade laboral que exercía polas mañás, serviulle a Cándido Boullosa coma trampolín para desenvolver, en 25 anos, unha empresa que, apostando pola calidade e a exclusividade, chega a  todos os recunchos de Galicia e que conta con 39 empregados.
A primeira localización, na parroquia de Figueirido, no concello de Vilaboa xustificábase de maneira moi sinxela, era unha nave industrial en aluguer ó carón da vivenda de Cándido. Era unha moi boa posición, pois emprazábase na mesma N-550, estrada A Coruña - Tui, a principal de toda Galicia, ademais, situábase moi próxima unha entrada á AP- 9, autoestrada A Coruña – Vigo.
A segunda localización, é un parque industrial situado na parroquia da Reigosa, no concello de Ponte Caldelas. Este cambio, debeuse á necesidade de ampliación de instalacións. Este parque industrial, ó ser de iniciativa pública tiña un prezo do solo asumible para a empresa, seguía estando próxima á maioría de residencias dos traballadores, e, a maiores, o proxecto da autovía A – 57 pasaba por aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario