lunes, 6 de junio de 2011

Evolución histórica I. Inicios, anos 80 e até 1995

A andaina da empresa comeza a mediados dos anos 80, cunhas orixes que nada ten que ver co actual estado da empresa. Cándido Boullosa, un home da parroquia de Figueirido, concello de Vilaboa, que polas mañás traballaba como cobrador do concello de Pontevedra no mercado da capital, polas tardes dedicábase, como actividade económica secundaria, a vender queixos dunha fábrica asturiana coa cal tiña contactos. Ditos queixos chegábanlle a Pontevedra ou ben a través de autobuses ou do ferrocarril, indo el a buscalos ás respectivas estacións, para logo vendelos en tendas de alimentación tradicionais, da capital e dalgunhas parroquias de Vilaboa. Todo isto, grazas a un frigorífico que tiña no garaxe da súa casa e unha furgoneta R-4, propiedade del.
No ano 1986 ofrecéronlle montar unha delegación en Pontevedra da empresa coa que traballaba, Industrias Lácteas Monteverde SA, polo que deixou o traballo que viña facendo para o Concello de Pontevedra e dedicouse a tempo completo á distribución, para o cal contratou a dúas persoas, coñecidos del, así como contaba tamén co seu propio fillo, Carlos Alberto Boullosa.

Imaxe da nave en Figueirido

O crecemento no período 1986-1990 foi brutal: remataron  sendo 7 empregados, dos cales 5 eran comerciais de autoventa (sistema que consiste en que o comercial leva certo stock de produtos no camión, e, no momento, o cliente lle pide, dese stock, o que precisa); alugaron unha nave industrial, de 600 m2, en Figueirido, que funcionaría tanto como almacén frigorífico, con 900 m3, dado que o 95% dos produtos requirían unha conservación entre 0 e 4º C, coma de oficinas; amplíase tamén a área de comercialización, chegando até as comarcas de Salnés, Morrazo e Vigo, ademais da de Pontevedra, na que xa vendían antes.
En 1990 Cándido Boullosa propón independizarse como distribuidora, aconsellado polo seu fillo Carlos Alberto pois había demanda doutros produtos no mercado. Así nace Distribuciones Monteverde SL, liderada por Carlos Alberto no aspecto comercial e de compras, e por Cándido no resto de funcións. Co paso dos anos, a empresa vai ir pasando progresivamente na súa totalidade a Carlos Alberto, sen que haxa unha data clave no que ese traspaso de poderes se constate. Incorporan á gama de ofertados embutidos, xamóns, queixos mezcla…

No hay comentarios:

Publicar un comentario