lunes, 6 de junio de 2011

O papel das distribuidoras de alimentos no rural

Nestes tempos, as distribuidoras alimenticias non son precisamente ben vistas por parte da sociedade, pois se lle considera as culpábeis da subida dos alimentos, multiplicando en ocasións o seu valor final respecto ó que se lle paga ó produtor. En Galiza, este aspecto vese reflectido sobre todo no sector lácteo, o cal, me atrevería a dicir que é o máis conflitivo no noso país dentro do sector primario, debido ó baixo prezo pagado ós gandeiros polas distribuidoras.
Pois ben, afirmo que o caso de Distribuciones Monteverde SL é un caso distinto, por varias razóns:
1.    Os produtos a distribuír son produtos xa rematados, polo que non lle engade valor, aumentando escandalosamente o prezo para o consumidor final.
2.    As empresas para as cales distribúe, son, polo xeral, de fóra de Galiza, polo que lles sería moito máis custoso facer unha distribución máis polo miúdo. Grazas a actuación da distribuidora, a empresa produtora só tería que ocuparse de levar os seus produtos a un só punto, a nave de almacenaxe que ten Distribuciones Monteverde, e esta será a encargada de repartir ó por menor.
3.    Ó medrar a empresa, foi un gran creador de emprego para a parroquia onde se iniciou a actividade, neste caso Figueirido, no Concello de Vilaboa, que, inda que moi próxima á cidade de Pontevedra, é unha zona rural.

Tomando en conta estas consideracións, é correcto afirmar que, dentro dun bo funcionamento e dun respecto tanto ó produtor inicial, coma ó consumidor final, unha empresa distribuidora pode ser bo para unha economía rural.

No hay comentarios:

Publicar un comentario