lunes, 6 de junio de 2011

Evolución histórica II. Consolidación e actualidade, dende 1995 a hoxe

En 1995 a empresa merca a nave onde xa estaban de aluguer, e a acondicionan completamente para as funcións necesarias, con novas cámaras frigoríficas, de máis de 3.000 m3 de capacidade. E, no 98, procédese a arranxar unha vivenda externa á nave e acondicionala para oficinas, sala comercial e despachos. Coincide na data con outro fito na historia de Distribuciones Monteverde, o cambio de filosofía comercial, ó pasar de autoventa, a preventa (o cal quere dicir, que o cliente avisa con antelación dos produtos que quere exactamente, e eses son levados até el pola distribuidora), ademais, aumentou o nivel de informatización da empresa, tanto na nave coma nos repartos. Tamén neste ano amplíase o persoal, abarcando dentro da área de ventas toda a provincia de Pontevedra e a área de Compostela. Nesta década os clientes son tanto tendas de alimentación coma do denominado “horega” (hostalaría, restauración, catering).
No ano 2005, Distribuciones Monteverde convértese nunha das primeiras empresas galegas en garantir o control de trazabilidade en todos os seus produtos. Tamén aumentaron a rapidez de entrega de pedidos, cun máximo de 24 horas. Neste ano, a área comercial espállase a toda Galiza, sendo as provincias onde máis traballa A Coruña e Pontevedra, por motivos obvios, ó ser onde máis poboación hai, máis establecementos hostaleiros, e onde é máis doado transportar os produtos, grazas á Autopista do Atlántico que as vertebra.
Durante estes anos se van incorporando constantemente novos produtos á lista de ofertados, seguindo cos produtos de calidade, pero incluíndo novidades coma conservas, tanto mariñas como de produtos hortícolas, envasados ó baleiro, por exemplo de pastas e arroces, así coma tamén conxelados. Por outra banda, constátase un cambio total na clientela á que venden os produtos, predominando xa o corega moito máis que ó comercio.
Imaxe da nova localización

En 2008 prodúcese a última gran novidade da empresa, o traslado á nova localización, polos motivos xa explicados con anterioridade. E, a maiores, permite garantir a completamente a calidade dos produtos, ó non romperse a cadea de frío no traslado dende as cámaras frigoríficas ós camións.
Interior da nova nave
Distribuciones Monteverde, na actualidade, ten un persoal de 39 persoas, número que segue sendo o máximo da empresa, pois non reduciu o número de empregados coma consecuencia da crise. Iso si, de momento, e ante a situación económica xeral, o obxectivo primario é manterse e levar a cabo algún que outro proxecto modesto, mentres seguen incorporando novos produtos, os cales, poden verse na web da empresa:
http://www.dismonteverde.com/.
Coma referencia, dicir que a facturación do ano pasado foi de 6 millóns e medio de € e de un millón e medio de produtos, aproximadamente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario